[Rec]3 volve o terror

0
189

[REC]2[Rec] e mais a súa secuela [Rec]2, dous dos grandes éxitos do cinema de terror español a nivel internacional, terán unha terceira parte que se estreará en 2011, segundo ven de anunciar a páxina Web oficial do Facebook do novo proxecto.

O que ainda non está nada claro é que Jaume Balagueró e Paco Plaza poidan repetir as súas funcións após das cámaras coma codirectores, segundo desvelaron nunha recente entrevista. En todo caso o que si que farían é producir a posíbel continuación da saga.

O desenlace final de [Rec]2 deixaba a porta aberta a unha continuación. Os acontecementos que vivían os inquilinos dun inmóbel de Barcelona e aquéles que non ousaron entrar no seu interior xeraron só no despacho de billetes español mais de 13 millóns de euros, cinco dos cales foron recadados pola secuela que se estreou o pasado outubro.

Na páxina Web da terceira película polo de agora tan só pode ler-se, ademais da data prevista: “Confirmada unha posíbel pre-produción da película. Polo momento, tanto o guión coma o director da película están en fase de espera“.