Pistolas con música

0
148

Pistolas con música ocasionalOs produtores Gabe e Alan Polsky (Bad Lieutenant: Port of Call New Orleans) veñen de se facer cos dereitos cinematográficos sobre a novela de culto de 1994 orixinal de Jonathan Lethem Gun, With Occasional Music.

A novela negra de ciéncia-ficción vai sobre un detective privado típico nunha misión que o leva por Oakland e San Francisco mentres investiga o asasinato dun famoso urólogo.

Entre os elementos de fantasía que están na novela hai un neno superintelixente chamado baby-heads, intercámbio de mulleres, cartóns de débito que amosan o karma do seu dono e mais un ameazador canguro que traballa para un grupo de criminais.