Lautner é Max Steel?

0
193

Tayler LautnerO famoso musculiños Taylor Lautner (Twilight) podería converter-se no máximo protagonista da vindeira versión para o cinema de Max Steel, un filme que prodiucirá a Paramount Pictures.

Baseado na figura de acción da empresa de xoguetes Mattel, o rapaz de 17 anos ionqui dos deportes estremos é recrutado por unha axéncia secreta após de que un accidente infecta o seu corpo con nanorobots, converténdo-o en superhumán. J.P. Lavin e Chad Damiani están a adaptar o guión.

A Mattel presentou este xoguete nas tendas dos Estados Unidos aló por 1999, e o seu éxito propiciou a creación dunha série de debuxos animados para a televisión que se emitiu entre 2000 e 2002.