Spielberg non fará Harvey

0
151

Steven SpielbergApós de pasar seis meses de desenvolvemento, Steven Spielberg ven de abandoar o proxecto do seu remake do filme Harvey, que ía supoñer a súa primeira película como director na reconstituída DreamWorks.

Spielberg comprometéara-se en agosto con este proxecto, unha adaptación da obra de teatro galardonada cun prémio Pulitzer e escrita por Mary Chase sobre un home que se fai amigo dun coello invisíbel de dous metros. A Fox e mais a Dreamworks chegaran a un acordo para cofinanciar o filme, que xa estaba na axenda de todos para se comezar a filmar a princípios de 2010.

Pero as dificultades xurdiron primeiro para atopar un protagonista. Tom Hanks foi o primeiro elixido pero o actor rexeitou o proxecto. Os produtores andiveron atrás de Robert Downey Jr. durante meses tentando convence-lo pero el e mais Spielberg nunca entraron nunha boa sintonía.

Así pois o director ven de se desvencellar totalmente do proxecto, deixando á Fox 2000 que o continúe en solitário ou coa axuda doutra produtora.

Ainda que a súa axenda como produtor está chea, Spielberg desexa regresar axiña á cadeira de director e realizar o seu primeiro filme para os seus novos parceiros na Reliance. Pero o seu seguinte proxecto é algo incerto, após de rematar a rodaxe e mais a edición da primeira das películas que fará xunto a Peter Jackson sobre Tintín. Este proxecto ven de amosar que se pode realizar en pouco tempo, polo que resultará perfecto para ambos directores como xeito de facer cousas entre proxectos mais importantes.

Os fans están a agardar que Spielberg se decida a pasar á pantalla grande a novela épica de ciéncia-ficción de Jonathan Nolan, cuxos dereitos foron adquiridos hai tres anos pero o proxecto está aínda empantanado. O remake de Oldboy tamén está morto, e unha quinta entrega de Indiana Jones está aínda a moitos anos de chegar a ser unha realidade.