Iliades nos Paxaros

0
204

Dennis IliadesSeica Dennis Iliades (The Last House on the Left) vai ser o sustituto de Martin Campbell (Casino Royale, Goldeneye) para o posto de director no remake do clásico filme de Alfred Hitchcock Os paxaros que está a preparar a Platinum Dunes.

Todo semella indicar que Campbell quería que o filme fose calificado como apto para maiores de 13 anos, pero agora que o proxecto de Lanterna Verde está a ocupar case todo os eu tempo, o seu interese no remake está a se esvaecer. Na outra beira, Iliades é un director mais próximo ao xénero de terror e non lle doerán prendas para facer un filme que sexa calificado para maiores de 18, o que precisaría de todos os xeitos que os guionistas adapten unha vez mais o libreto co que agora mesmo conta este proxecto.

O obxectivo semella ser levar un pouco mais aló o ambiente de terror do filme orixinal e mesmo do conto no que se baseou este, escrito por Daphne du Maurier. Ambos orixinais estaban moi lonxe de ser gore, cousa que agora seica pretende Iliades.