DiCaprio cos Gardiáns

0
151

Os Gardians dos nenosLeonardo DiCaprio fará o seu debut nun filme de debuxos animados, protagonizando o reparto de The Guardians para a DreamWorks Animation.

Baseado na saga de libros ainda por publicar The Guardians of Childhood de William Joyce, a história vai sobre un espírito malvado chamado Pitch que desexa dominaro o mundo inspirando o medo nos corazóns dos nenos de todas partes.

Pero axiña un grupo composto por cinco dos mais salientabeis heroes dos nenos, con Santa Claus, Jack Frost (DiCaprio), o coelliño de Páscoa, a Fada dos Dentes e mais Sandman — axúntan-se por primeira vez para combinar os seus poderes e tentar protexer ao mundo da maléfica campaña de terror de Pitch.

Peter Ramsey dirixe este proxecto, que conta coa produción de Christina Steinberg e Nancy Bernstein. DiCaprio é o primeiro actor anunciado para o reparto. O filme ten prevista a súa estrea para o 2 de novembro de 2012.