Hunnam presenta a Vlad

0
147

Charlie HunnamUn pouco antes de que o actor de Sons of Anarchy e Queer as Folk Charlie Hunnam acadara sona con estes filmes, escribiu o guión para unha longametraxe titulada Vlad, un filme de acción que xira ao redor da clásica figura do conde Drácula.

Agora, a Summit Entertainment e mais a Plan B queren desenvolver o proxecto, para o que están en negociacións co director de vídeos musiciais e fotógrafo Anthony Mandler para que realice este filme.

Vlad céntra-se en Drácula coma xoven príncipe, antes de que pasara á história coma Vlad o Empalador, o home que está atrás do mito do vampiro.

Brad Pitt e Dede Gardner serán os produtores.