Cascanoces ao cinema

0
147

O ballet de CascanocesO famoso e clásico conto O cascanoces e o rei dos ratos terá unha nova oportunidade de pasar á história grazas a unha nova adaptación nunha longametraxe de fantasía e acción que producirán os estudos New Line.

A história céntra-se nunha nena de 12 anos que xunto co seu irmán e mais a súa irmá, recibe regalos do seu padriño Drosselmeyer, un inventor e reloxeiro, no día de noiteboa, e ún dos galanos é unha boneca de chumbo que utilizan para cascar noces.

Esa noite, a nena escomezará unha aventura que inclúe unha guerra contra un rei rato de sete cabezas e o seu exército de ratiños, meigallos e temas de beleza e fealdade.

Darren Lemke (Jack and the Giant Killer, Shrek Forever After) vendeu o guión que reimaxina esta clásica história escrita por E.T.A. Hoffmann en 1816 e mais tarde inmortalizada polo compositor Tchaikovsky nun ballet en 1892.

Marty Bowen e Wyck Godfrey serán os produtores.