O morcego do inferno

0
230

Joe DanteO veterán director Joe Dante será o encargado de realizar o filme de terror independente Bat Out of Hell (nada que ver co famoso tema de Meat Loaf) para a Parallel Zide e a VooDoo Prods. A rodaxe escomezará a finais deste ano.

Bat Out of Hell, cun guión de Drew McWeeny e Scott Swan, céntra-se nun vóo nocturno dende Los Angeles até New York durante o cal uns secuestradores deberán enfrontar-se a un monstro que non estaba convidado.

Entre as anteriores producións de Dante están Piranha, os dous filmes dos Gremlins, Small Soldiers e máis a série de televisión Masters of Horror. McWeeny, tamén coñecido polo seu alcume de Moriarty, traballou asemade en Masters of Horror, pasou os últimos 12 anos coma crítico de cinema no sítio Web Ain’t It Cool News e fixo xunto a Swan Dread, Mortal Kombat: Devastation e un remake de Race With the Devil.

Zide, produtor de American Pie e Final Destination, asociará-se con Parallel Media e aproveitarán para asinar un contrato que os comprometerá para facer oito filmes, aportando 70 millóns de dólares no proxecto.