Super Hero Squad en TVE

0
167

Super hero SquadTVE e Nickelodeon emitirán próximamente a série de debuxos animados Super Hero Squad, baseada nun deseño actualizado dos superheroes mais coñecidos da Marvel Comics.

Super Hero Squad é un dos mais recentes éxitos de animación nos Estados Unidos e Canadá, onde se estreou a mediados de outubro, e os seus dereitos de emisión para España vendéron-se a TVE e Nickelodeon, segundo informou a compañía Planeta Junior, que xestiona en España as licéncias desta série.

A Marvel Animation produce actualmente 52 episódios de Super Hero Squad, nos que aparecen algúns dos persoaxes mais populares da Marvel, entre eles Iron Man, o Capitán América, Thor, Hulk e Lobeto, nunha versión con deseño actualizado para os nenos e toques de comédia.