Malkovich o Vuitre?

790

O VuitreToda a Internet leva días preguntándo-se se será certo o rumor que corre e segundo o cal John Malkovich e Anne Hathaway poderían converter-se nos malos na vindeira cuarta entrega da saga de Sam Raimi de Spiderman.

O mais curioso é que segundo o rumor, Malkovich faría o papel do Vuitre, un dos mais antigos inimigos do trepamuros, que usa un par de ás para voar polo aire e que ao mesmo tempo utiliza coma armas de ataque.

Pero aí non rematan as sorpresas, porque seica a Hathaway quéren-a para facer o papel de Felicia Hardy, quen non se converte na Gata Negra, senón que seríaa filla do Vuitre, unha nova figura con superpoderes para unha relación de superfalcatruáns composta por pai e filla.

Finalmente o informe dos rumores cita a Curt Connors, o persoaxe que ía interpretar Dylan Baker e que non se converterá no Lagarto, xa que os estudos non poden permitir-se retratar a un inimigo tan raro, que nin sequera ten unha face humana.

Por suposto todo o anterior non son mais ca rumores sobre un proxecto que está en plena fervenza de ideias, polo que calquera cousa ainda é posíbel.