Carroñeiros do espazo

0
149

Sean Patrick FlanerySean Patrick Flanery e Louise Linton veñen de se unir ao reparto do thriller de ciéncia-ficción independente Scavengers, unha história sobre un grupo de persoas que procuran cousas no lixo do espazo e que compiten por subministros, enerxía e tesouros.

Cando a tripulación do Revelator, liderada por Emerson (Linton), chega ao Xerador de Caos creado polos áliens, deberán loitar por mante-la lonxe dasmans do seu antigo compañeiro de nave, o sinistro capitán Jekel (Flanery).

O deseñador de produción Travis Nicholas Zariwny fará o seu debut coma director neste proxecto que escomezou a se filmar hai só uns días, e que conta coa produción de James Rosenthal.