Lobishome para maiores

0
179

The WolfmanApós de moitas voltas ao plató de rodaxe, reedicións, trocos de membros vitais do equipo e moitas versións presentadas a públicos de proba, a nova película da Universal sobre lobishomes, The Wolfman, por fin ven de anunciar o resultado do seu proceso de calificación perante a MPAA(o organismo que nos EstadosUnidos controla a calificación moral das películas no cinema).

O resultado foi unha calificación de “R”, o que sinifica que contén terror sanguento, violéncia e gore. A Universl, lonxe de se avergoñar delo coma até agora sempre fixera, ven de anuncia-lo coma promoción e amosándo-se orgullosa.

Até o último intre houbo rumores de que a calificación podería ficar nun PG-13 (ou sexa, para maiores de 13 anos) e que finalmente os estudos se inclinaron por presentar perante a MPAA unha versión mais escura e violenta, todo elo despois de várias sesións con públicos de proba e após de ver a súa reacción.

O filme The Wolfman estreará-se o vindeiro 12 de febreiro.