Dougray Scott ven de se unir ao reparto do filme romántico de fantasía independente The Veil of Maya da STUDIO.
O guión kafkiano de Alex Kustanovich e Vadim Moldovan vai sobre unha muller que viaxa atrás no tempo para desfacer unha elación amorosa e evitar o seu tráxico final.
Dana Lustig (Wild Cherry) será a directora desta longametraxe que comeza a se rodar en xaneiro en Londres.
Ofir Kedar e Christopher Granier Deferre son os produtores.