Rowling remata un “anexo” de Potter

0
205

A fonte de DumbledoreA escritora J.K. Rowling completou unha série de contos manuscritos que son mencionados de pasada no seu último libro, Harry Potter and the Deathly Hallows. Nom embergantes, só existen sete volumes de Os contos de Beedle o bardo, e éstes non serán publicados.

Un exemplar será vendido nunha poxa para xuntar cartos para a fundación da autora, “A voz dos nenos”, e Rowling regalará os outros seis.

A autora inglesa dixo que estes contos son unha “forma marabillosa” de lle dicir adéus a Harry Potter: “A xente vivía dicíndo-me ‘estarás contenta de te tomar un acougo da escritura’, pero en realidade non me estaba tomando ningún recreo“, dixo Rowling. “Literalmente estaba escribindo a tope –son contos manuscritos– estas novas histórias, o que é unha forma marabillosa de dicir adéus. É como regresar despóis de ir bucear ao profundo“, engadiu.

Os contos, que están ilustrados pola mesma Rowling, son o primeiro que escribe a autora dende que se publicou o sétimo e derradeiro tomo da saga do meigo Potter en xullo.

Na ficción, o director do coléxio de meigos Hogwarts, o mestre Dumbledore, regala un exemplar de Os contos de Beedle o bardo á amiga de Harry Potter, Hermione.

O libro de “Beedle o bardo” será vendido nunha poxa pública na casa de subhastas Sotheby’s en Londres, o 13 de decembro. O prezo base ronda os 41.500 euros, ainda que se espera que se venda por moito máis.

As ventas dos libros de Harry Potter sumaban 325 millóns de cópias antes de que se publicara o sétimo tomo.