A Disney Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema da saga de catro novelas para adolescentes de Lauren Kate Fallen.
A história, ambientada na actualidade, céntra-se nunha rapaza solitária que debe decidir entregar o seu amor a un de dous rapaces carismáticos, sen saber que ambos os dous son anxos caídos que levan séculos loitando por ela.
Agora que as histórias de vampiros e de lobishomes están a saturar o mercado da fantasía adolescente grazas a Twilight e os seus moitos clons, a ideia de incluir a anxos emos inmortais semella ser o mais novidoso que podemos agardar.
Mark Ciardi e Gordon Gray serán os produtores.