No decurso dunha rolda de prensa en Londres onde presentou o seu novo filme Avatar, que foi recebido con grandes aplaudos pola crítica, James Cameron confirmou que a longametraxe mais cara da história do cinema ten xa duas potencias secuelas que poderían estar xa en desenvolvemento.
E como é posíbel considerando o custe? Ainda que os dados oficiais falan de 300 millóns de dólares, outras fontes afirman que o orzamento podería ter-se dispardo até os 500 millóns, o que fai mais ca difícil obter un benefício. Unha aposta moi arriscada en calquera caso. Neste caso, reducir custes é case imposíbel, ainda que a tecnoloxía coa que se rodou o filme (paisaxes e actores xerados por computador principalmente) é cada vez mais barata, o que podería axudar a producir longametraxessemellantes no futuro.
Falando de como se tomaron os estudos o tema do orzamento, Cameron dixo que “en termos de mercado foi: OK, gastaches unha chea de cartos na primeira; na segunda poderemos amortiza-lo e enfocarémo-nos na história e todo iso… e aceptaron“. E engadiu que xa está a traballar na história para un segundo e terceiro filmes. A Fox, pola súa banda, dixo que ainda que a propiedade ten claramente potencial para unha secuela, osestudos ainda non van confirmar ningún plan para mais entregas.