Xa se sabía dende había un tempo que Shane Salerno (Aliens vs. Predator: Requiem) fora contratado para unha nova película de ciéncia-ficción que producirán James Cameron e mais a 20th Century Fox.
O que se ven de coñecer agora é que o filme será un remake do clásico de 1966 Viaxe Alucinante (Fantastic Voyage), a história sobre un científico que está a punto de morrer e cuxa única oportunidade de se salvar é que cinco colegas de seu sexan miniaturizados e inxectados no seu sangue, para poderen chegar ao cerebro e destruir o coágulo que o ten entre a vida e a morte.
Ainda que popularmente moitos coidan que a história está baseada nunha novela homónima de Isaac Asimov, o certo é que Asimov escribiu a súa novela baseándo-se no guión da película, se ben o libro apareceu seis meses antes.
Agárda-se que este filme sexa o primeiro de várias longametraxes nas que Cameron e mais a súa compañía, a Lightstorm Entertainment, utilizarán a nova tecnoloxía dixital desenvolta en Avatar.