Howard úne-se a Hereafter

0
229

Bryce Dallas HowardBryce Dallas Howard é a nova incorporación para o proxecto de filme fantástico de Clint Eastwood Hereafter para a Warner Bros. Pictures.

A história, sobre a que cada vez se van coñecendo mais detalles, irá sobre tres persoas: un traballador americano, unha xornalista francesa e mais un rapaz que estúdia nunha escola de Londres, todos eles tocados pola morte de diferentes formas.

Matt Damon tamén protagonizará este filme, que conta cun guión do escritor de The Queen e Frost/Nixon, Peter Morgan. Eastwood, Kathleen Kennedy e Robert Lorenz serán os produtores.

A rodaxe está xa por escomezar en París, Londdres, Hawaii e San Francisco e a estrea está prevista para o vindiero mes de decembro de 2010.

Por certo que Howard negou estar vencellada de ningún xeito ao proxecto de Spiderman 4, e ainda que non asinou ningún contrato ao respeito, afirmou que estaría encantada de regresar á franquía de Terminator.