Portman contra os zombis

0
180

Orgullo e Prezuízo e ZombisNatalie Portman será a protagonista e ademais producirá a versión para o cinema da novela de Seth Grahame-Smith Orgullo e Prexuízo e Zombis para a Lionsgate.

Grahame-Smith colleu a clásica novela orixinal de Jane Austen Orgullo e Prexuízo e engadiu-lle zombis sedentos de sangue e cerebros á acción. Así que o argumento é unha estraña mistura na que se narra a história intemporal da procura dunha muller pola súa independéncia entre o xurdimento dun virus mortal que converte aos mortos en crueis asasinos.

Portman interpretará a Elizabeth Bennet, quen é desviada da súa loita por erradicar a ameaza zombi pola chegada do arrogante Sr. Darcy.

Annette Savitch, Richard Kelly, Sean McKittrick e Ted Hamm serán os outros produtores.