Ali Larter e Joshua Jackson en UFO

0
141

Ali Larter, unha das protagonistas da série de televisión Heroes, será con case total probabilidade Virginia Lake no vindeiro filme que adaptará á pantalla grande a série inglesa de culto dos anos 70 UFO. O director Matthew Gratzner revelou que xa falara con Larter e que está moi interesada. Ademais, Joshua Jackson (Fringe) será Paul Foster, un pilot ode test que se une á SHADO, a organización secreta que loita contra os invasores do espazo.