Non mais brúxulas de ouro

0
209

A brúxula de ouroO actor americano Sam Elliott ven de acusar á igrexa católica de asustar aos produtores de Hollywood para obriga-los a abandoar o proxecto das dúas secuelas do filme O compás dourado.

O filme, que protagonizaron Nicole Kidman e Daniel Craig, foi o primeiro dos tres tomos que conforman a triloxía fantástica His Dark Materials de Philip Pullman en ser adaptado á pantalla grande.

Pero Elliott está convencido de que a auténtica razón para non seguir adiante coas secuelas previstas é a oposición dos líderes da igrexa cristiana de Roma, que está a presionar aos directivos dos estudos New Line para que non produzan a continuación. Nunha recente entrevista, dixo que “O compás dourado fíxo-o moi ben no despacho de billetes, gañando 380 millóns de dólares. Incríbel. E 85 millóns nos Estados Unidos. Pero a igrexa católica condeou o filme e asustou á New Line“.

O compás dourado (The Golden Compass) é un filme fantástico estreado en 2007 baseado no libro Northern Lights, a primeira novela da triloxía de Philip Pullman His Dark Materials. Dirixido por Chris Weitz, a história vai sobre Lyra, unha orfa que vive nun fantástico universo paralelo onde governa unha teocrácia chamada “O Maxistério” que domina o mundo. Cando o amigo de Lyra é secuestrado, ela viaxará ao afastado norte na súa procura.

Para a igrexa católica, o filme era ofensivo porque consideraban que “O Maxistério”, os malos da película, eran demasiado semellantes aos curas católicos.