Candidatos aos Globos

0
329

Globos de OuroA 67ª Gala Anual dos Globos de Ouro non terá lugar até xaneiro, pero onte xa puidemos coñecer aos candidatos que optarán a se levar o segundo trofeio mais cobizado do mundo do cinema., só un pouco por atrás dos Oscar de Hollywood.

E entre os nominados atopamos filmes de xénero que porán o punto emocionante ás candidaturas. Así, Avatar, o recén estreado filme de James Cameron, competirá en catro categorías mália que á penas lle deu tempo a ve-lo aos xuíces.

Avatar competirá polos prémios á millor película, ao millordirector, á millor banda sonora e mais á millor canzón.

Robert Downey Jr. foi nominado a milloractor de comédia ou musical por Sherlock Holmes, outro filme que ainda está por se estrear, mentres que Neill Blomkampt e Terri Tatchell poderían levar-se o Globo polo guión de District 9.

Os filmes de xénero que copan todas as candidaturas son coma adoita ser habitual os de debuxos animados, onde Cloudy with a Chance of Meatballs, Coraline, Fantastic Mr. Fox, The Princess and the Frog e Up serán os que opten ao prémio. Up, ademáis, tamén é nominada á millor banda sonora, o mesmo ca Where the Wild Things Are, outro filme por estrear pero que xa está en competición.

Os Globos de Ouro son concedidos anualmente polos críticos da prensa estranxeira en Hollywood e coma xa quedou dito, son os segundo mais importantes do mundo do cinema.