Volve a creatura da lagoa

0
156

A criatura da lagoa negraO director de anúncios para a televisión Carl Erik Rinsch está nunha primeira ronda de conversas coa Universal Pictures, que quere contar con el para rodar o remake do clásico de monstros de 1954 Creature From The Black Lagoon.

O filme orixinal ía sobre unha criatura submariña que aterrorizaba a unha expedición científica e como non, especialmente á rapaza do grupo. Gary Ross, Marc Abraham e Eric Newman producirán o remake.

Pero antes de poder dar o seu si a este proxecto, Rinsch fará o seu debut como director na pantalla grande co filme épico 47 Ronin, que protagonizará Keanu Reeves. Rinsch soou moito a primeiros deste ano cando estivo a punto de se converter no director da precuela de Alien antes de que o mesmo Ridley Scott se decidise a dirixi-la el mesmo.