Xerxes, precuela de 300

744

XerxesO director de 300, Zack Snyder, leva moito tempo dicindo que non fará unha secuela do seu filme até que o guionista e debuxante Frank Miller remate a novela gráfica na que estaría baseada esa secuela. Pero agora todo semella indicar que Snyder podería ter que recoller de novo a súa espada espartana.

Nunha recente entrevista, Miller revelou que non só está a traballar nunha novela gráfica que será a continuación de 300, senón que ademais xa ten un título para ela: Xerxes, o nome do principal vilán do anterior filme, que interpretou o actor de Perdidos Rodrigo Santoro.

É a batalla de Maratón a través dos meus ollos“, dixo Miller ao respecto do argumento da novela. “Xa rematei o guión e vou comezar axiña co debuxo“.

Se 300 ía sobre a tráxica derrota de Leónidas e mais dos seus guerreiros espartáns, Xerxes será o relato da batalla de Maratón, onde as forzas dos persas foron brutalmente dezmandas ás mans dos seus inimigos gregos. Dado que o pai de Xerxes era o rei dos persas daquela, se cadra a nova história será unha espécie de aventura de maioría de idade para o que posteriormente converterá-se no inimigo dos 300.

Mália que descoñecemos a narración exacta, todo o anterior semella indicar que Xerxes non será unha secuela de 300, senón unha precuela, ao contrário do que se viña falando até o momento.