Russo, a nai de Thor

0
199

Rene RussoRene Russo será Frigga, a nai do heroe do martelo nórdico, o deus Thor, no filme que a Marvel Studios está a desenvolver baseado no seu persoaxe de cómic.

Coma muller do máximo deus nórdico (Anthony Hopkins) Frigga será a raíña de Asgard e nai tanto de Thor (Chris Hemsworth) coma do seu arquirrival Loki (Tom Hiddleston). Natalie Portman tamén é protagonista do filme, no papel da namorada de Thor.

Mark Protosevich e Zack Stentz escribiron o guión, no que o arrogante guerreiro Thor fai escomezar unha guerra longamente esquecida, e coma castigo é enviado á Terra para vivir entre os seres humáns.

Unha vez entre nós, aprenderá o que sinifica ser un auténtico heroe, cando o seu máximo rival, o seu poderoso e maléfico irmán Loki, invoque ás forzas escuras de Asgard para invadir a Terra. Kenneth Branagh dirixe este proxecto que comeza a se filmar en xaneiro.