Singer volve aos X-Men?

0
164

Bryan SingerAinda sobre o tapete azul (esta vez era desa cór por mor da estrea de Avatar de James Cameron en Los Angeles) a prensa puido achegar-se uns intres ao director Bryan Singer, quen deixou caer que podería regresar á franquía dos mutantes, a que lle fixo famoso e popular entre todos os afeccionados: a Patrulla X.

Estou por facer un filme chamado Jack the Giant Killer na Warner Bros, e onte mesmo asinei un contrato para facer unha película titulada X-Men: First Class Origins, que vai ser moi guai. Estou moi emocionado“, dixo Singer. First Class podería ser a história das orixes de Cíclope, Jean Grey e outros alumnos do Instituto Charles Xavier para Alumnos Superdotados.

A esperanza é traer de novo prestíxio tanto á franquía coma ao mesmo director. O X-Men de Singer e especialmente a súa continuación X2 recebiron moi boas críticas e foron un grande éxito de público e no despacho de billetes para a Fox.

Os seguintes dous filmes dos Homes X, dirixidos por Brett Ratner e Gavin Hood, ainda que tiveron bos benefícios económicos, tiveron críticas mais negativas. E as seguintes súas películas de Singer, Superman Returns e Valkyrie, recebiron críticas non moi boas e supuxeron grandes decepcións no despacho de billetes.