Clooney e as cabras

0
157

George ClooneyGeorge Clooney protagonizará Men Who Stare at Goats, unha adaptación do libro homónimo do xornalista inglés Jon Ronson, sobre o Primeiro Batallón Terrestre do Exército dos Estados Unidos, unha unidade que foi creada para utilizar poderes paranormais. O título (que en galego sinifica “Os homes que fitan ás cabras”) refíre-se ao concepto de que unha persoa podería matar unha cabra só fitando para ela.

O parceiro de Clooney na produtora Smoke House, Grant Heslov, dirixirá o filme, que conta cun guión de Peter Straughan (o de How to Lose Friends e Alienate People).

O proxecto leva rodando polos despachos de diversas produtoras dende hai tempo, pero os compradores internacionais recibiron o guión esta mesma semana, cando se abriu o mercado no comezo do Festival de Cinema de Cannes.