Ghibli anúncia aos Borrowers

0
181

Os BorrowersA famosa casa xaponesa de animación Studio Ghibli (Spirited Away, Ponyo, Howl’s Moving Castle) ven de anunciar que o seu seguinte filme será unha adaptación ao cinema da clásica novela de fantasía de Mary Norton The Borrowers.

A novela, escrita en 1952, vai sobre unha família de xente diminuta que vive de prestado nas casas dos seres humáns normais. O filme será lanzado en Xapón en verán baixo o título de Karigurashi no Arrietty (Arrietty toma prestado todo).

O animador dos estudos Hiromasa Yonebayashi será o director nesta ocasión, que suporá o seu debut na cadeira grande. E o xefe da Ghibli Hayao Miyazaki será o supervisor.

Os estudos están ademais a traballar en Taketori monogatari (O conto do curtador de bambú) con Isao Takahata (Grave of the Fireflies, My Neighbors the Yamadas) na dirección.

O mesmo Miyazaki ainda non anunciou os seus seguintes proxecto malia que xa asinou traballos para os seguintes meses que lle suporán estar ocupado alomenos durante os vindeiros tres anos.