Nominados fantásticos aos prémios da SAG

0
141

O Screen Actors Guild (Asociación de Actores dos Estados Unidos) ven de anunciar a súa lista de nominados para os prémios que condede anualmente e que se darán a coñecer o vindeiro 23 de xaneiro. Entre os salientábeis para os afeccionados ao xénero fantástico están Stanley Tucci por The Lovely Bones ao millor actor secundário, e Star Trek e Transformers: Revenge of the Fallen á millor actuación dun conxunto de dobres.