Marvin o Marciano

0
362

Alex Zamm (Beverly Hills Chihuahua 2) será o director da adaptación ao cinema do clásico persoaxe da Looney Tunes Marvin o Marciano, para a Warner Bros. Pictures e mais a Alcon Entertainment.

Paul Kaplan e Mark Torgove (da série de TV Spin City) serán quen escriban o guión, no que Marvin chega á Terra coa intención de destruír o nadal; nombergantes, os seus plans serán arruinados cando fique atrapado dentro da caixa dun regalo de nadal.

Marvin será un persoaxe xerado por computador e rodeado de actores reais, o mesmo ca en filmes anteriores coma Gardfield ou Alvin e os Esquíos, e se procurará unha estrela para que dobre a voz do persoaxe. Agora mesmo o que soa mais forte para o papel é Mike Myers.

Zamm ten entre mans outro proxecto de adaptación de debuxos animados, Hong Kong Phooey, a versión para o cinema do persoaxe da Hanna Barbera dos anos 70, e que probábelmente terá que aparcar mentres non se remata o de Marvin, xa que a data de estrea deste será o nadal de 2011.