Kevin contra o Súper

0
217

Kevin Bacon interpretará ao malvado na vindeira comédia de acción de superheroes Super que producen a This Is That e mais a Ambush Entertainment.

Bacon fará de Jacques, un vendedor de drogas de fasquía refinada que lle rouba a muller (Liv Tyler) a un home normal e corrente (Rainn Wilson), causando que este se converta nun poderoso superheroe loitador contra o crime chamado Crimson Bolt. Ellen Page tamén está xa no reparto.

O director e guionista de Slither, James Gunn, será quen realice este proxecto, cuxa rodaxe está prevista para escomezar o mes que ven en Shreveport, Louisiana.