As máquinas mortais

0
155

O director de The Lord of the Rings e da recente The Lovely Bones, Peter Jackson, podería estar traballando en segredo nunha adaptación para o cinema de Mortal Engines, o premiado primeiro libro da saga de catro novelas de ciéncia-ficción escritas por Philip Reeve.

A história está ambientada nun mundo post-apocalíptico onde as cidades se converteron en vehículos xigantes que deben consumir-se unhas ás outras para poder sobreviviren. A Weta Workshops podería estar xa traballando nos deseños destas macrocidades ou vehículos xigantescos.

Preguntado sobre a cuestión, un voceiro de Jackson non quixo negar a veracidade do rumor, pero dixo que “calquera comentário deberá saír da boca de Peter“. O único que semella claro é que Jackson ten os dereitos para a novela pero por tempo limitado. De non ser el o que faga a versión para o cinema, será outro dentro duns anos.