Nunha recente entrevista, o director de The Wolfman, Joe Johnston, ven de desvelar que o seu seguinte filme será The First Avenger: Captain America e que escomezará a se rodar en xuño. Isto último non é demasiado sorprendente tendo en conta que os estudos xa puxeran unha data de estrea para o 22 de xullo de 2011, polo que a rodaxe debería escomezar canto antes. Johnston (a quen tamén lle debemos outros filmes coma Jumanji) está xa a traballar co departamento artístico.
E mentres tanto, a adaptación que realizará Martin Campbell de outro superheroe, nesta ocasión Lanterna Verde, tamén deu algunhas novidades: seica o filme contará no seu reparto con algúns gañadores dun Oscar, ainda que sexan dos que están atrás das cámaras. Así, en primeiro lugar, o cinematógrafo Dion Beebe (gañador por Memórias dunha Geisha). E logo, ao deseñador de produción Grant Major e mais á deseñadora de vestiário Ngila Dickson (Oscars por O Señor dos Anéis: O Retorno do Rei). E finalmente, ainda que non gañou un Oscar, o filme contará co director artístico François Audouy, quen conta coa experiéncia dos tres filmes anteriores de Spiderman, Transformers e Watchmen.
Polo tanto, e mentres agardamos por mais actoresque se unan ao xa confirmado Ryan Reynolds no papel de Lanterna Verde, non hai dúbida de que Campbell quere rodear-se dunha equipa gañadora dende o comezo, todo coa intención de sacar do esquecemento a outro superheroe da DC Comics.
Lanterna Verde ten a data de estrea prefixada para o 17 de xuño de 2011.