Vídeo do Príncipe de Pérsia

0
163

O filme da Disney Prince of Persia: The Sands of Time (Príncipe de Pérsia: As Areas do Tempo), baseado no videoxogo da UbiSoft (que á súa vez reinventouno do clásico de Jordan Mechner), non verá as pantallas de cinema até o 28 de maio de 2010. Pero seica a Disney non as ten todas consigo ao que respeita ao público e non confía moito na resposta que lle poida dar ao seu lanzamento estrela deste ano, e están a ollar con lupa a reacción do público e a crítica ante os pequenos avances que con contapingas levamos mirandodende hai meses en forma de trailers, minicurtas, posters e moito mais.

No novo videoclip que ven de aparecer explícan-nos que as Areas do Tempo están contidas nunha daga, que é a motivación principal do filme. As areas controlan o tempo, que nos videoxogos eran un pequeno truco que permitía ao xogador ir atrás no tempo para poder desfacer algún mal paso. É a clase de truco que os xogadores aceptan encantados porque lles permite xogar por mais tempo e non morrer.

E no filme non debería ser moi diferente e a ideia semella paerfecta para uns efectos dixitalizados con area incluida. A equipa que fixo a triloxía de Piratas do Caribe é a mesma encargada de amosar-nos a acción a as aventuras épicas nas místicas terras de Pérsia, na que un valente príncipe (Jake Gyllenhaal) úne-se de mala gana a unha misteriosa princesa (Gemma Arterton) e xuntos, loitarán contra as forzas escuras para protexer unha antiga daga capaz de ceibar as Areas do Tempo, un regalo dos deuses que permite ao seu posuidor dominar o mundo.