Un fan de Star Trek, enganado pola Christie´s

1174

Xa oíramos falar antes de fraudes cos datos, pero esta é a primeira vez que escoitamos falar de fraudes con Data, o popular persoaxe de Star Trek. Un fan da saga mercou tres supostos artigos raros relacionados con Star Trek nunha casa de poxas: unhas gafas supostamente levadas por Data (polas que pagou 6.000 dólares), unha mesa procedente dos decorados da série (6.600 dólares) e mais un uniforme (11.400 dólares) pero descubriu horrorizado nun encontro con Brent Spiner (o actor que daba vida a Data na série) nunha convención en 2007 que esas gafas nunca as levara postas na série da tele.

O coleccionista, chamado Ted Moustakis, amosou-lle a Spiner o visor, pero o actor revelou-lle que as gafas non eran auténticas. Moustakis dixo que posteriormente tamén descubriu que a mesa tampouco era auténtica, e o uniforme, que lle venderon decindo que era único, era en realidade ún mais dos moitos realizados para a série Star Trek: A nova xeración.

Como resultado, Moustakis demandou á casa de poxas esixíndo-lles 7 millóns de dólares como indemnización, pero o tribunal supremo do Estado de New Jersey sentenciou que o catálogo da casa de poxas non dicía nada de que o uniforme fose único, e que mesmo ainda que os outros dous obxectos non respondían ás características anunciadas, Moustakis non ten o dereito de pedir unha suma tan desorbitada, senón que tan só pode recuperar os seus cartos iniciais polos obxectos que se demostraron ser falsos.

A Christie’s, a casa de poxas demandada, e mais a CBS Consumer Products, unha empresa adicada a supervisar a autenticidade da mercadoría de Star Trek, apelarán a senténcia.