Zelda Rubinstein nas últimas

860

E ainda que non sexa o mellor xeito de nos despedir do ano, a realidade é que todo semella indicar que á actriz de 76 anos Zelda Rubinstein lle quedan poucos días de vida, após de que fose desconectada das máquinas que a mantiñan viva no hospital Cedars Sinai en Los Angeles. Rubinstein leva no hospital ingresada case un mes, e despois de que lle fallasen os pulmóns e mais o fígado foi desconectada da máquina de soporte vital por consideraren os médicos que as súas posibilidades son nulas nestes intres. Rubinstein non está conciente e só é unha cuestión de tempo que lle aconteza o indesexado final.

Rubinstein mide só un metro e vinte centímetros, coma resultado dunha deficiéncia na pituitária, e ainda que fixo unha chea de papeis coma actriz ao longo dos últimos anos, coma a Dra. Katarina Kuntzler en Southland Tales, ou a organista en Sixteen Candles, Rubinstein é sobre todo coñecida polos fans do xénero fantástico polo seu inesquecíbel papel da peculiar médium Tangina Barrons na triloxía de Poltergeist.