Peter Jackson, Cabaleiro novacelandés

0
172

Peter Jackson, director da triloxía cinematográfica d’O Señor dos Anéis, ven de ser nomeado Cabaleiro da Orde de Nova Celándia. Este nomeamento subpón o primeiro título destas características que Nova Celándia concede nunha década, recoñecendo así ao seu director mais universal e a un dos cidadáns mais salientábeis deste país.

Tras coñecer a nova, Peter Jackson asegurou que esta distinción “é millor ca un Oscar“, prémio que a triloxía baseada na obra de Tolkien acadou en 17 ocasións. A través dun comunicado, o director dixo que esta honra subpón “un momento incríbel. O sentimento de gratitude e orgullo que teño ao aceptar esta honra do meu país é profundo“.

Nunhas declaracións á prensa local, o director relembrou os seus días de infáncia en Pukerua Bay, cando “pasaba as fins de semana rodando películas de guerra no xardína da casa de meus pais coa súa cámara de Super-8. Tiña 8 anos e non esperaba realmente convertirme en director, o meu soño era traballar en efectos especiais“.

Unha das millores cousas de medrar en Nova Celándia é que se estás preparado para traballar duro e tes fe en ti mesmo, realmente calquera cousa é posíbel“, indicou.

Jackson apoia financeiramente escolas locais, festivais de cinema e artes e mais un organismo neocelandés para a xestión de órganos.

O último filme de Peter Jackson, The Lovely Bones, estreará-se en Galiza o vindeiro 22 de xaneiro.