Á procura do protagonista do Alquimista

0
185

O AlquimistaLaurence Fishburne dirixirá e actuará na versión cinematográfica de O Alquimista, o best seller mundial do brasileiro Paulo Coelho, e a produtora está a procurar en España e Latinoamérica ao actor que interpretará a Santiago, o protagonista.

Nunha rolda de prensa no marco do Festival de Cannes, o produtor Harvey Weinstein explicou que a sua compañía terá os dereitos exclusivos do filme tanto para cinema coma para televisión.

A rodaxe se desenvolverá en diversas localizacións en Europa e Oriente Medio, incluindo Xordania, Abu Dhabi e algúns lugares no norde de África.

Ademáis de Fishburne e do actor que encarnará a Santiago, a compañía indicou que espera anunciar axiña o nome doutras estrelas que se unirán ao reparto.

Producir persoalmente un proxecto é raro para min, pero levar O Alquimista á pantalla grande foi sempre o meu soño“, afirmou Weinstein.

Ao respecto, calificou a novela de “espiritual” e asegurou que está desexando sentar-se xunto a Fishburne para traballar no proxecto. “As pezas están agora no seu lugar para iniciar este proxecto“, engadiu.

Pola sua parte Fishburne sinalou que é un “proxecto especial que ten agora un equipo especial atrás para garantir que o seu camiño á pantalla grande se percorre co coidado que merece“.

Estou anceiando poder dirixi-lo, actuar nel e colaborar con Harvey Weinstein para producir unha marabillosa película que faga xustiza á enormemente exitosa novela de Paulo“.

O Alquimista vendeu 30 millóns de exemplares en todo o mundo e chegou ao número 1 de vendas en 18 países. O libro relata as aventuras de Santiago, un pastor que un día abandoa o seu rebaño para perseguir unha quimeira e atopa ao alquimista, interpretado por Fishbourne. O camiño fantástico que percorre o protagonista convírte-se supostamente na simboloxía da vida do ser humano.

A compañía Weinstein está actualmente en negociacións cun guionista gañador dun prémio Óscar para que realice a adaptación da novela. O orzamento do filme será de 60 millóns de dólares (38 millóns de euros).