Pierre Morel en Dune

0
205

O director de Taken, Pierre Morel, será o encarregado de realizar o remake de Dune para a Paramount Pictures, en sustitución de Peter Berg (The Kingdom, The Rundown), quen estaba orixinalmente vencellado ao proxecto, pero que tivo que deixa-lo o pasado mes de outubro.

Para esta nova fase, contratará-se a un novo guionista que poida incorporar a visión de Morel ao proxecto, xa que o actual guión, obra de Josh Zetumer (Quantum of Solace) non conta coa total aprobación do director francés por ser demasiado fiel á clásica novela de ciéncia-ficción orixinal de Frank Herbert, escrita en 1965.

Kevin Misher e Richard Rubinstein continúan na produción.