Sebastian Stan nunha aparición

0
175

Sebastian Stan (The Covenant, Gossip Girl, Kings) será quen o actor que complemente á outra protagonista, Ashley Green, no vindeiro thriller de terror sobrenatural The Apparition para a Dark Castle Entertainment.

A história vai sobre unha parella que está enmeigada por unha preséncia sobrenatural que é ceibada após dun experimento nun instituto.

Todd Lincoln será o director, e contará cun guión que segundo afirma moi en sério a nota de prensa da produtora, está baseado en feitos reais. Joel Silver, Andrew Rona e Alex Heineman son os produtores.

A filmación escomezará o vindeiro 1 de febreiro nos estudos Babelsberg en Alemaña, antes de continuar a rodaxe en Los Angeles en marzo.