Xa hai data fixada no mes de marzo para o escomezo da preprodución da precuela do filme de culto clásico de John Carpenter de 1982 The Thing (A Cousa).
A história tratará sobre o que lle aconteceu á expedición orixinal nunhas instalacións no Antártico noruegués que atopou enterrada no xelo unha forma de vida alieníxena que é capaz de mudar de forma.
O holandés Matthijs Van Hejningen será o director deste filme, que conta cun guión de Ronald D. Moore e mais de Eric Heisserer. A rodaxe escomezará no vindeiro mes de marzo e durará até xuño, en Toronto.