Pellington entrará no Orfanato

0
182

Mark Pellington (The Mothman Prophecies, Arlington Road) será o director que faga o remake do filme de terror sobrenatural español O Orfanato para a New Line Cinema.

O filme orixinal de 2007 ía sobre unha muller (Belén Rueda) que merca o antigo caserón onde estaba establecido o orfanato no que ela mesma medrou cando era nena, coa intención de abrir unha nova institución adicada aos nenos deminuídos. Daquela, o seu fillo pequeno comeza a xogar cun amigo imaxinário que resulta ser unha presenza que lle aterrorizaba á nai cando era cativa.

O mesmo cá versión española, Guillermo del Toro será o produtor e autor do guión xunto con Larry Fessenden. Beau Flynn e Tripp Vinson tamén serán os produtores.