De Zombieland a Deadpool

745

A parella de guionistas responsábeis de Zombieland Rhett Reese e Paul Wernick veñen de ser contratados para escribir o libreto de Deadpool, o spin-off da Patrulla X que está en desenvolvemento na 20th Century Fox.

Ryan Reynolds, que interpretou ao malvado mercenário no filme X-Men Origins: Wolverine e que podería repetir o seu papel, ten un óco na súa axenda após de rematar co filme de Martin Campbell Lanterna Verde para este verán. Reynolds estivo tamén na lista de candidatos para interpretar ao heroe da DC Comics, pero unha vez descartado, fica libre para interpretar ao anti-heroe da Marvel se é o que o guión está rematado para o verán.

Agárda-se que a historia de Deadpool sexa fiel co persoaxe, e ademais Reynolds confésa-se é un grande fan e protector desta propiedade. Lauren Shuler Donner será o produtor.