Stuart Townsend deixa Thor

969

O actor irlandés Stuart Townsend abandonou a produción do novo filme de Kenneth Branagh Thor a pasada semana, tan só uns días antes de que escomezase a súa participación na rodaxe, o luns en Los Angeles.

O actor americano Joshua Dallas (The Descent Part 2, Red Tails) será o seu sustituto no papel de Fandral, ún dos Tres Guerreiros. Townsend deixou a película oficialmente por mor de “diferéncias creativas“.

Esta non é a primeira vez que Townsend abandoa precipitadamente unha rodaxe antes de escomeza-la. Hai dez anos, antes de que se iniciase a rodaxe de O Señor dos Anéis baixo a dirección de Peter Jackson, Townsend renunciou nada menos que ao papel de Aragorn, e foi sustituido por Viggo Mortensen.