Lively en Lanterna Verde

0
169

A protagonista dos filmes Gossip Girl e The Sisterhood of the Traveling Pants, Blake Lively, será a namorada de Lanterna Verde no filme que sobre este persoaxe da DC Comics escomezará a se rodar axiña nos estudos da Warner Bros. Pictures.

O rumor, que apareceu hai uns días, foi confirmado xunto coa nova de que o seu persoaxe será o de Carol Ferris, a muller da que fica namorado o piloto de probas Hal Jordan (Ryan Reynolds) e que é a filla do dono da empresa aeroespacial onde traballa Jordan, todo antes de que o heroe obteña o anel que o converte no Lanterna Verde do planeta Terra.

Nos cómics, Ferris chega a se converter na malvada Star Sapphire, ainda que neste filme cóida-se que iso non vai acontecer polo momento. Lively gañou-lle o papel a Keri Russell e mais a Jennifer Garner, que eran as outras candidatas.

Mentres tanto, Peter Sarsgaard está en conversas para interpretar ao malvado Dr. Hector Hammond, un patólogo e fillo dun Senador que é visto coma unha decepción polo seu pai. Cando de súpeto obtén pdoeres psíquicos ao descubrir un meteoro, converterá-se nun superfalcatruán inimigo de Lanterna Verde.

Martin Campbell dirixirá este proxecto, cuxa roidaxe está prevista para escomezar en marzo en New Orleans.