Menos monos

0
146

César, o filme da Fox que se proxectaba coma un remake de A Conquista do Planeta dos Símios e que contaba polo de agora co guionista Scott Frank, ven de se cancelar e Frank abandonou o proxecto.

Os detalles sobre as causas desta desfeita ainda non están nada claros, pero seica a decisión foi tomda hai xa tempo e que coma adoita ser habitual, o culpábel foi o orzamento que se proxectaba demasiado alto, ademais do escuro do material, que trata sobre o final da humanidade e que non-o fai apto para un público familiar.

Pola súa banda, a Phoenix Pictures ven de anunciar que o remake de Robocop tamén fica conxelado mentres non se aclare o futuro da MGM, se ben as causs poderían ser non só a inminente venda da Metro senón outras: os estudos seica queren facer unha versión dixital en 3D do filme, pero o director contratado para o remake, Darren Aronofsky, non ten interese nas novas tecnoloxías do cinema e quere contar con actores de carne e óso, sen case intervención dos efectos xerados por computador.