Lazarillo Z, outro clásico con zombies

0
181

Dentro da nova tendéncia do cinema a facer revisións dos clásicos a base delle meter zombis á soupa, unha tendéncia á que axudou e non pouco o libro Orgullo e Prezuízo e Zombis, seica está en preparación outro zume de cerebros e vísceras palpexantes grazas a un dos libros mais coñecidos da literatura en español, O Lazarillo de Tormes.

A nova versión, Lazarillo Z, xa se encontra nos andéis das librarías dende hai uns días, onde apareceu directamente en formato de peto, o que non é habitual en España pero si de agradecer. Na novela recén editada, Lázaro González-Pérez, o protagonista (e autor agora) do Lazarillo, decide contar a verdadeira versión dos feitos acontecidos, sen intermediários anónimos, e deste xeito poderemos saber que o pícaro mais famoso das letras hispanas foi en realidade un persoaxe cunha importáncia capital na vaga de zombies que asolou España no século XVI.

As súas aventuras relatarán como chegou a se converter nun dos cazadores de zombis mais famosos do império e os problemas que isto lle ocasionou na Corte do rei e mais coa Inquisición. Finalmente, na actualidade, en pleno século XXI volve a aparecer a vaga de zombis e un persoaxe chegado do pasado se enfrontará a eles.