Expediente X 2 no día da Pátria

0
219

Xa é oficial: a 20th Century Fox ven de anunciar onte que o segundo filme de Expediente X está en produción, coa vista posta nun lanzamento para o 25 de xullo de 2008.
A secuela axuntará aos protagonistas David Duchovny e Gillian Anderson baixo a dirección do creador da série Chris Carter, que co-escribiu o guión xunto co antigo produtor executivo da popular série, Frank Spotnitz.
O filme, ainda sen título oficial, gárda-se baixo segredo, pero a Fox dixo que a história será un mistério autoconclusivo que retomará as relacións entre o persoaxe de Duchovny (Fox Mulder) e o de Anderson (Dana Scully) en direccións inesperadas.