Farmiga no Código Fonte

0
158

Michelle Monaghan xa está contratada e Vera Farmiga aínda está en negociacións para se unir ao reparto do thriller de acción e viaxes polo tempo Source Code (Código Fonte) que prepara a Summit Entertainment.

A história céntra-se nun soldado (Jake Gyllenhaal) que, como parte dun programa experimental do governo para investigar un incidente terrorista, atópa-se sen quere-lo no corpo dun viaxeiro do tren que vai estoupar por mor das bombas terroristas e vivirá o seu pesadelo sabendo que a verdade está nalgures e que o responsábel agócha-se preto.

Monaghan, pola súa banda, será unha muller no tren con quen o home mantén unha relación amorosa. Farmiga, de aceptar a oferta dos estudosm sería unha oficial de comunicacións que controla a Gyllenhaal mentres viaxa polo tempo e o espazo.

O director de Moon, Duncan Jones, será quen realice este proxecto cuxa rodaxe escomeza en marzo coa produción de Mark Gordon, Philippe Rousselet e Jordan Wynn.